Skip to content

Latest commit

 

History

History
152 lines (101 loc) · 5.6 KB

README.rst

File metadata and controls

152 lines (101 loc) · 5.6 KB

Corrector ortográfico Hunspell para o galego

Note

This text is in Galician, as the main target audience of this software is expected to speak Galician, but not necessarily English.

Hunspell é unha tecnoloxía que permite desenvolver correctores ortográficos.

Hunspell é a tecnoloxía de corrección ortográfica que se emprega en aplicativos como LibreOffice, Firefox, Scribus, OpenOffice, Google Chrome, Opera, ou Evernote. Trátase así mesmo da principal tecnoloxía de corrección ortográfica dos sistemas GNU/Linux e Mac OS X.

O Proxecto Trasno encárgase actualmente do desenvolvemento do corrector Hunspell de galego.

Se busca información para usuarios sobre como instalar e usar o corrector, ou máis información xeral sobre el, consulte a documentación no sitio web de Trasno.

O resto deste documento está pensado para persoas con certas nocións avanzadas de informática.

Construción

Para construír unha parella de ficheiros de Hunspell (.aff e .dic):

  1. Instale Python 3.

  2. Cree un entorno virtual de Python e instale nel PyICU e SCons.

    En Linux:

    python3 -m venv venv
    . venv/bin/activate
    pip install wheel  # Pode ser necesario para instalar SCons
    pip install SCons PyICU
    
  3. Execute scons.

Isto xerará dous ficheiros, build/gl.aff e build/gl.dic, que inclúen as regras ortográficas para os módulos predeterminados do corrector.

Para construír a edición especial para tradución ao galego, cos acordos terminolóxicos do Proxecto Trasno, execute:

scons aff=norma,trasno,unidades dic=rag,trasno,unidades

Para volver construír o corrector ortográfico despois de cambiar algún ficheiro, primeiro debe facer limpeza con:

scons -c

Para obter información detallada sobre como construír un corrector ortográfico personalizado, con vocabulario non normativo e extensións, execute:

scons -h

Sobre a normativa lingüística

Este corrector asume como modelo oficial para as regras gramaticais: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2003. http://academia.gal/documents/10157/704901/Normas+ortogr%C3%A1ficas+e+morfol%C3%B3xicas+do+idioma+galego.pdf

Sobre a normativa:

Autores e colaboradores

© 2006-2009 Mancomún-CESGA

© 2009-2011 Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria

© 2011-2018 Proxecto Trasno

Mantido por Proxecto Trasno (http://trasno.gal) baixo a coordinación de Antón Méixome.

Desde que existe este recurso, e o seu predecesor, ispell, moita xente e varias organizacións teñen participado no seu desenvolvemento e mantemento. Entre eles, debemos salientar as achegas de:

  • André Ventas e Ramón Flores (para ispell). Ata 2003.
  • Xavier Gómez Guinovart, para Imaxin Software e este para Mancomún (primeira versión version hunspell, dicionario e regras básicas). 2006.
  • Mancomún, Iniciativa Galega para Software Libre, para Xunta de Galicia (Mar Castro, regras formais e dicionario; Francisco Rial, extensión oxt). 2006-2008.
  • Proxecto Trasno (Miguel Solla, regras avanzadas e dicionario). 2009-2010.
  • Proxecto Trasno (Adrián Chaves, regras novas e reestruturación do código para a compilación, dicionario). 2010-2013.

Desde o comezo e hoxe en día as fontes principais para o dicionario son os públicos Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa) e o Dicionario da Real Academia Galega en liña e as súas evolucións no tempos. Debemos agradecerlle ao ILGA (en concreto a Antón Santamarina) o seu permiso explícito para poder realizar un dicionario con licenza GPL a partir dos seus recursos lingüísticos.

O dicionario tamén se alimenta tanto das suxestións dos usuarios como de recursos libres descontinuados coma motor de suxestións de erros frecuentes Benposto ou suxestións de corrección da Wikipedia en galego.

Unha descrición técnica sobre o comportamento morfolóxico e sintáctico escrita por Miguel Solla pódese ver en:

Licenza

Este ficheiro é parte de Hunspell-gl.

Hunspell-gl is free software: you can redistribute it and/or modify
it under the terms of the GNU General Public License as published by
the Free Software Foundation, either version 3 of the License, or
(at your option) any later version.

Hunspell-gl is distributed in the hope that it will be useful,
but WITHOUT ANY WARRANTY; without even the implied warranty of
MERCHANTABILITY or FITNESS FOR A PARTICULAR PURPOSE.  See the
GNU General Public License for more details.

You should have received a copy of the GNU General Public License
along with Foobar.  If not, see <http://www.gnu.org/licenses/>.

O corrector está publicado nos termos da licenca GPLv3 (desde 2010, antes GPLv2 e GPLv1). Achégase o ficheiro «license-gl.txt», ou «license.txt» para consultar o texto completo da versión orixinal da licenza.